Quiénes somos
Acento Galego é un estudio creativo fundado no ano 2018 en Cedeira, A Coruña. Este proxecto naceu con intención de crear un posto de traballo para María Villar tras retornar de Barcelona. Un no que ela sentise que facía o que tiña vido a facer ó mundo, sentindo que encaixa e onde pode desenvolver as súas habilidades de forma creativa e libre.
Dende pequena mostrou inquedanzas e habilidades en ámbitos moi diferentes, polo que estudou Imaxe na escola de Imaxe e Son da Coruña. O tempo fixo que poidera traballar como fotógrafa en La Voz de Galicia, máis adiante estudiou Deseño de Interiores en Madrid e despois un Máster en Deseño e Comunicación en Barcelona. Alí comezou distintos proxectos ata que, 6 anos máis tarde, decidiu voltar e atopar unhna nova maneira de expresarse.
Se ben os seus coñecementos son aparentemente dispares, estos axúdana a ter unha visión global das cousas, a non rendirse e loitar polo que sinte que ten que facer. Deste modo, Acento Galego nace como un proxecto con afán de posta en valor, de desacomplexamento e de impulso ó rural galego baseándose no deseño, a alegría e a ilusión de aportar algo novo. Unha visita ó estudio ensinarache como fan as cousas e que sen duda che gustará o que ves, comprendendo porqué mercar nun proxecto como o seu merece a pena.